miércoles, 24 de febrero de 2016

Pode que che interese... VII CERTAME DE DESEÑO ESCOLAR "Deseña unha xoia para a túa nai"

Tivemos noticias de que a Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convocou o VII Certame  de Deseño escolar "Deseña unha xoia para a túa nai", dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
Aquí che deixamos toda a información: poderás atopar as bases, e descargar o díptico.

O prazo de presentación dos deseños vai do 4 ao 31 de marzo do 2016. Estableceranse catro categorías, por idade, e en cada unha delas seleccionaranse 20 deseños finalistas, de entre os que saíran os tres primeiros premios para cada unha das categorías de idade.

Poderás ver o teu deseño feito realidade, se resultas gañador na túa categoría.