jueves, 26 de abril de 2012

Becas Comedor Escolar Curso 2012-2013

Ola a todas e todos:
 
Aí vos vai a información sobre as Becas para Comedores Escolares, das que poderedes beneficiarvos se as vosas crianzas comezan este curso que ven o 2º ciclo de Educación Infantil, no caso de cumplir os requisitos exisidos.

Texto presentación ANPA

A A.N.P.A San Cristóbal do C.E.I.P Wencesalo Fernández Flórez, é unha asociación integrada por nais e pais do alumnado do centro.

A ANPA é a interlocutora para tratar temas que afectan a todo o colectivo das familias.

¿ Cales son as finalidades dunha A.N.P.A. ?

  • Fomentar a convivencia entre a comunidade educativa.
  • Colaborar nas actividades educativas dos centros docentes.
  • Organizar actividades formativas complementarias en beneficio de pais e alumnos.
  • Transmitir as opinións e as reflexións das nais e pais sobre temas educativos e do funcionamiento cotián da Escola.
  • Representar a os pais e nais no Consello Escolar, e participar na toma de decisións.
  • Informar e asesorar ás nais e pais das actividades propias da ANPA.
  • Potenciar a participación da familia na vida do centro.
  • Promover a calidade educativa.
  • Colaborar co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro.
  • Representar ós pais e ás nais, para a búsqueda de solucións no caso necesario, ante calquera problema que lles xurda no Centro.
Como participar na ANPA?

  • Facéndovos socios: a cota é de 23 euros anuais por familia.
  • Asistindo ás actividades, actos e reunións que se convocan. Estaremos encantados de que queirades participar connosco e achegedes ideas.
  • Formando parte da Xunta Directiva (escóllese democráticamente nunha asamblea de socios) .
    Que beneficios ten estar asociado na ANPA?
  • Poder participar nas actividades extraescolares.
  • Comedor escolar
  • Madrugadores
  • Entrada de balde ou se é o caso, reducción de prezos para as festas de Fin de curso, Entroido, Excursións.

    Como contactar coa ANPA?
  • No local da Asociación (consultar horarios no taboleiro ou no blogue)
  • Acudindo a calquera das reunións da Asociación.
  • Poñéndose en contacto con algún dos membros da Xunta directiva. 
  • A través da dirección electrónica: anpa.sancristobal@gmail.com, na dirección blogue: www.anpasancristobal.blogspot.com.es ou no Teléfono 981240005
A asociación de nais e pais fai un labor voluntario e desinteresado coa que nos beneficiamos todos. As persoas que colaboran na Asociación non reciben ningún tipo de remuneración (é dicir, non cobran nada), simplemente teñen ilusión por participar, utilizando boa parte do seu tempo libre, para mellorar a calidade educativa do alumnado do colexio.

É unha entidade sen ánimo de lucro, o que significa que o seu fin non é a obtención dun beneficio económico. 
 
Coa cota de socio e as subvencións que achegan algunhas entidades públicas páganse seguros, material para as actividades, cota da Federación de ANPAs...
A inscripción na mesma é voluntaria, e poderáse permanecer como asociado durante o tempo que os fillos permanezan no Centro.